A primeira fase de xuvenís, cadetes e infantís será a unha soa volta e a segunda a dúas

03.07.2012
Novo sistema de liga na base

A primeira fase de xuvenís, cadetes e infantís será a unha soa volta e a segunda a dúas

Este martes celebrouse o Plenillo do fútbol provincial na que se deron a coñecer as propostas da composicion dos diferentes grupos nas categorías de fútbol 11 e que lóxicamente aínda poden variar ata o día que se celebre a Asamblea da Federación Galega de Fútbol.

Destacar o troco de sistema de competición variando deste xeito o que se puxo en marcha a pasada tempada co novo formato de competición. Desta maneira a primeora fase -xuvenís, cadetes e infantís- será a unha soa volta e a segunda a dúas voltas. Para o play off nas tres categorías clasificaránse os cinco primeiros de cada grupo.

     1ª AUTONÓMICA XUVENIL (Comeza 8-9 setembro)

Grupo A: Calasancio B, Chantada B, Ribadavia, Rúa, Barco, Velle, Maside, Ponte B, Ribeiro, Arrabaldo, Pabellón C, A Peroxa e Monforte.

Grupo B: Ourense B, Maceda, Sporting Celanova, Verín, Barbadás B, Antela, Allariz, Polígono, Ponte, Soutopenedo, Santa Teresita, Cidade de Ourense e Arrabaldo B.

     1ª AUTONÓMICA CADETE (Comeza 15-16 setembro)

Grupo A: Calasancio B, Chantada, Ourense B, Rúa, Barco, Arenteiro B, Cidade de Ourense, Ribeiro, Arrabaldo, Velle B, Monforte e Arenteiro.

Grupo B: Ourense, Maceda, Verín, Barbadás B, Allariz, Pabellón Promesas, Velle, Ponte B, Santa Teresita, ED Celanova e Antela.

     1ª AUTONÓMICA INFANTIL (Comeza 15-16 setembro)


Grupo A: Calasancio B, ED Chantada, Ribadavia, Rúa, Pabellón C, Velle, Ponte B, Arenteiro B, Arrabaldo, Bosco, Barco e Monforte.

Grupo B: Ourense B, Maceda, Barabadás B, Antela, Pabellón B, Allariz, Velle B, Ponte C, Arranxar, Santa Teresita, ED Celanova e ED Verín.

ASAMBLEA XERAL DO CLUB DEPORTIVO RÚA

ASAMBLEA XERAL DO CLUB DEPORTIVO RÚA

      
    VENRES DÍA 6 DE XULLO DO 2012 AS 20:30 HORAS

             CO SEGUINTE ORDE DO DÍA:

                          ESTADO DAS CONTAS DO CLUB TEMPADA 2011-2012
                          
                                        ROGOS E PREGUNTAS